Axudas para máscaras

O pasado venres saiu a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Lembrade que para calquera xestión no centro é imprescindible CITA PREVIA que podedes solicitar a través do correo electrónico ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal ou teléfono 881.880.802

Podedes descargar a orde picando AQUÍ

Podedes descargar o formulario de solicitude AQUÍ

Lembrade que:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  1. • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  2. • Alumnado matriculado en educación especial.
  3. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  4. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

É moi importante que no momento de entregar a solicitude ao centro estea perfectamente cuberta e se adxunten todos os documentos necesarios que reflicte a orde, para non ter que volver a solicitar outra cita.

Ao alumnado de infantil non está incluído como beneficiario en esta orde