FAGAMOS UN COLE SEGURO

Dende hai días estamos recibindo moitas queixas polo  tránsito de vehículos na rúa principal do colexio é de uso exclusivo para residentes e persoal do Centro;  existe unha sinal que así o indica, e un cartel informativo, que recorda que éste é un “Camiño Seguro” para os nosos nenos e nenas.

A primeira e última hora da mañá, a Policía Local do Concello de Oleiros, é a encargada de regulalo tráfico e garantir a seguridade nos accesos; pero non contamos con ese servizo entre as 15.00 e as 16.00 h., horario que coincide coa saído do comedor; e aquí é onde xurden os principáis problemas de tráfico.

Apelamos á responsabilidade individual, respetando as normas, para acadar unha convivencia mellor, e deste xeito, eliminar riscos innecesarios.


Fagamos entre todos un cole seguro. Confiamos na vosa colaboración.

Un saudo e Moitas grazas.