Resumen:
– O documento ratificado entre Goberno e CCAA avoga pola presencialidade e avala os grupos de convivencia estable, o uso obrigatorio de máscaras e a aplicación de test serolóxicos, como xa contemplaba o Goberno galego
– Carmen Pomar congratulouse de que “estamos facendo as cousas na liña correcta” e subliñou a necesidade de “establecer acordos e acadar puntos de converxencia”
– Jesús Vázquez defendeu a enquisa de síntomas en domicilio tanto para alumnos como para docentes, fronte á toma de temperatura nos centros que inicialmente prevía o documento do Goberno do Estado, xa que evita acudir ao centro ante a mínima dúbida