Segundo nos comunica o Concello, o uso do pavillón Arsenio Iglesias terá un uso limitado entre os días 12-14 deste mes. Anxuntamos a nota.
Bo día,
Con motivo da celebración da III Feira de orientación académica e profesional Concello de Oleiros, precisamos dispoñer do Pavillón Arsenio Iglesias do 12 ao 14 de marzo de 2024, ambos inclusive.
Nestes días, só se poderá utilizar o pavillón para a entrada e a saída do alumnado do transporte escolar, agás a saída do xoves 14 de marzo, ás 14 horas, que deberá realizarse por fóra do mesmo.
Por outra parte, tamén o xoves 14 de marzo, día de celebración da Feira, o aparcadoiro do pavillón estará reservado para a organización e participantes na Feira e non se poderá estacionar no mesmo; por tal motivo, haberá control de acceso e só se poderá acceder cun vehículo autorizado. Ás 14 horas, haberá libre acceso e libre estacionamento. Tanto a primeira hora como a mediodía, os autobuses do transporte escolar si poderán acceder para deixar e recoller ao alumnado.
O martes 12 de marzo o pavillón estará libre a partir das 15 horas, polo que se poderá utilizar para as actividades de recollida de comedor e actividades extraescolares.
USO PAVILLÓN :
– Martes 12 –
o Entrada e saída do alumnado de transporte escolar.
o A partir das 15 horas, queda libre para o seu uso habitual (recollida comedor, actividades extraescolares).
– Mércores 13 –
o Entrada e saída do alumnado de transporte escolar.
– Xoves 14 –
o Entrada do alumnado de transporte escolar.
o A saída do alumnado, con o sen transporte escolar, realizarase por fóra do pavillón.
o De 8 a 13.50 horas, o acceso ao aparcadoiro e o estacionamento estarán restrinxidos á organización, participantes e visitantes da Feira de Orientación. Os autobuses do colexio poderán acceder para deixar e recoller ao alumnado.
Solicitamos que por favor, informedes ás familias afectadas e ao persoal encargado dos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e desculpámonos polas molestias ocasionadas.
Un saúdo.