ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE FRANCÉS

Dende a ANPA, ofrecémosvos a posibilidade de realizar unha actividade de francés organizada por o noso colaborador Agrupación Deportiva e Cultural As Mariñas dirixida especialmente ós nenos de 5º e 6º de Primaria, aínda que se hai nenos de 4º que tamén estean interesados non haberá impedimento en integralos.
O obxectivo principal é a familiarización con esta lingua, xa que na Educación Secundaria, polo xeral, soe ofertarse o Francés como 2º lingua estranxeira. A maiores, queremos recordar que no caso de que a/o alumna/o continúe os seus estudos no IES MARÍA CASARES, esta é a segunda lingua estranxeira.
Non se trata de dar unha clase de francés “ó uso”, cun montón de teoría, pouca práctica e nada apetecible; o que se pretende é que o alumnado perda o medo a esta lingua, descoñecida para a maioría, facendo as clases moi atractivas a través de xogos e conversas.
Estamos en contacto coa Xefa do Departamento de Francés do IESP MARÍA CASARES, para poder enfocar esta actividade de cara ós contidos e directrices que ese Departamento considere axeitados para que o alumnado poida chegar ó Instituto cun Francés fluído e que esta lingua non sexa un impedimento para a integración no Instituto.
Para inscribirse encher o seguinte formulario

Darase preferencia ós socios da ANPA, e dentro dos socios primeiro os de 6º, logo os de 5º e se quedan prazas os de 4º.
A actividade será os martes e xoves de 16:30 a 17:30 h.
Será gratuíta esta última semana de Febreiro e poden asistir ás clases para coñecela todos os nenos e nenas que queiran, sen ningún tipo de compromiso; en Marzo o prezo será igual ó resto das actividades que ofrece a ANPA, é dicir 19,00 Euros ó mes. (Aplicaránselle os mesmos descontos que os previstos para as demais actividades.
Para máis información 681 002 182.
Un saúdo.