O pasado venres saiu a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
Lembrade que para calquera xestión no centro é imprescindible CITA PREVIA que podedes solicitar a través do correo electrónico ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal ou teléfono 881.880.802
Podedes descargar a orde picando AQUÍ
Podedes descargar o formulario de solicitude AQUÍ
Lembrade que:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- • Alumnado matriculado en educación especial.
- • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
É moi importante que no momento de entregar a solicitude ao centro estea perfectamente cuberta e se adxunten todos os documentos necesarios que reflicte a orde, para non ter que volver a solicitar outra cita.
Ao alumnado de infantil non está incluído como beneficiario en esta orde