OBRADOIROS SOBRE TDAH

Bo día;

O Concello de Oleiros e a Fundación INGADA, a través do convenio subscrito entre ambos,  organizan uns obradoiros para facilitar o coñecemento sobre o TDAH e as súas repercusións na aprendizaxe.

Por esta razón vos achegamos os diferentes carteis adaptados a cada nivel de ensinanza e un específico para familias:

-Intervención pedagóxica con alumnado de infantil- dirixido a docentes de educación infantil, terá lugar o mércores 24 de abril ás 16.30 h no Castelo de Santa Cruz.

-Intervención pedagóxica con alumnado de primaria- dirixido a docentes de educación primaria, terá lugar o xoves 25 de abril ás 16.30 h no Castelo de Santa Cruz.

-Abordaxe do TDAH desde a familia- dirixida a familias en xeral, terá lugar o mércores 24 de abril ás 19.00 h no Castelo de Santa Cruz.

-Intervención pedagóxica con alumnado de secundaria- dirixo a docentes de educación secundaria, xoves 25 de abril ás 18:45 h no Castelo de Santa Cruz.

Para as inscricións ou consulta de dúbidas podedes contactar a través do correo electrónico info@fundacioningada.net<mailto:info@fundacioningada.net>.

Na inscrición é necesario mandar o email co nome e apelidos do/a participante.

O límite de prazas en cada un dos cursos será de 35 persoas.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración na difusión,

Un saúdo,

Iria Barreiro
Concellería de Ensino e Xuventude

‪981 636 598‬ // ‪981 610 000‬                                       

Redes Sociais:
c.xuventude@oleiros.org<mailto:c.xuventude@oleiros.org>                                  https://www.facebook.com/XuventudeOleiros/#<https://www.facebook.com/XuventudeOleiros/>
ensino@oleiros.org<mailto:ensino@oleiros.org>                                                https://www.facebook.com/concellodeoleiros/#<https://www.facebook.com/concellodeoleiros/>


www.oleiros.org<http://www.oleiros.org/>                                                            https://twitter.com/ConcelloOleiros